O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes está a impulsar un novo proxecto de lei que fixará un tope legal, con carácter estatal, á xornada lectiva máxima do profesorado en Infantil, Primaria e Educación Especial en 23 horas, e en 18 para o resto dos ensinos, aínda que exclusivamente para os centros públicos.
A Lei Orgánica de Educación recolle no seu artigo 108.4 que «a prestación do
servizo público da educación realizarase a través dos centros públicos e privados concertados».
Desde a súa orixe, o sistema de concertos, nos Orzamentos Xerais do Estado, no seu artigo 13, establece que a xornada completa do profesorado da concertada, sen diferenciar etapas educativas, é de 25 horas.
O novo proxecto de lei defende que esta xornada lectiva de 23-18 horas é un factor de calidade moi importante para o servizo público educativo e unha mellora do benestar docente que permitirá liberar tempo para tarefas pedagóxicas, coordinación e atención ao alumnado.
Por que non se aplica tamén esta xornada máxima ao profesorado da concertada? Volvemos ser discriminados? Tamén o noso alumnado?
É o momento de reclamar igualdade laboral para garantir a calidade do servizo
público educativo en todos os centros da rede sostida con fondos públicos.
Asina esta petición, paremos outra discriminación!
FIRMA por unha IGUALDADE REAL
Federación de Ensino de USO